martes, 22 de marzo de 2016

V CURSO DE FORMACIÓN EN VOLUNTARIADO


Os días 8, 9, 15 e 16 de abril de 2016 celébrase a que será a quinta edición do Curso de Voluntariado en Saúde Mental. Este ano se levarán a cabo unha serie de charlas e actividades en torno a temática "A sociedade enferma". Falaremos entre outros temas de se o que coñecemos como enfermidade mental é algo propio e orixinario dos individuos ou é a propia sociedade a través de diversas institucións quen crea e favorece o concepto de tolemia.

Descarga o programa do curso

Páxina da USC con información relativa á inscripción

domingo, 22 de marzo de 2015

IV CURSO DE FORMACIÓN DE VOLUNTARIADO


Os días 17, 18 e 24 e 25 de abril do presente ano vaise a celebrar a cuarta edición do Curso de Voluntariado en Saúde Mental. Este ano o lema do curso será "O labirinto da saúde mental".

Máis información na páxina do SEPIU da USC:
http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/sc104/formacion/iiii_saudemental_2015.html

jueves, 6 de marzo de 2014

III CURSO DE FORMACIÓN DE VOLUNTARIADO



Os vindeiros días 21, 22 e 28 e 29 de marzo celebrarase unha nova edición do Curso de Voluntariado en Saúde Mental. Este ano os contidos do curso centraranse principalmente na cuestión dos estigmas e os tabús en torno as enfermidades mentais, e contará con charlas, mesas redondas e dinámicas de grupo, entre outras actividades. Estades todos convidados a asistir ó curso, que esperamos que resulte proveitoso. Para os interesados, a matrícula, de 40 euros, dá dereito a un crédito USC para graos, exeñarías, licenciaturas e diplomaturas. Na seguinte ligazón da páxina da Universidade encontraredes máis información a este respecto:





viernes, 24 de mayo de 2013

LAS VAMPIRAS, por Carlos


"Las vampiras" (Vampiros Lesbos) fue dirigida en 1971 por el director español Jesús Franco, personaje del que, a raíz de su fallecimiento, realizamos un pequeño homenaje en el cineclub de la Asociación, que también incluyó el largometraje "Gritos en la noche".

La película está protagonizada por Soledad Miranda, aunque hay otra actriz protagonista, la alemana Ewa Strömberg. La película fue rodada en Estambul (Turquía) y se trata de una coproducción hispano-alemana.

La película parte de una leyenda: una princesa extranjera vivía sola en una casa, en una isla de Estambul. En la casa había varios cuerpos de personas a las que mató después de haberlas hecho prisioneras. La princesa, de la que se dijo que era una vampira, desapareció sin dejar ni rastro y se dice que aún sigue viva.

En la primera escena vemos un baile erótico de la princesa vampira (Soledad Miranda) con una supuesta víctima (como representando la leyenda), estando como espectadora Linda Westinghouse (interpretada por Ewa Strömberg). En la siguiente escena vemos un sueño de Ewa con la princesa vampira. Ewa se siente cada vez más obsesionada, lo que le hace acudir al psicólogo, que le recomienda unas vacaciones. Acude a una isla en Estambul, a un hotel donde aparece un cadáver, visión que le hará escapar atemorizada. Se encuentra con la princesa (que ahora se hace llamar Condesa Oskudar) en la playa. Se suceden diversos momentos de carácter sexual entre las dos mujeres.

La princesa aparece desangrada en la piscina, aunque no muerta. Alice se despierta en un hospital donde se presenta su novio para ayudarla. A continuación vemos otra escena erótica entre las dos protagonistas. El sueño de Alice se hace realidad como si fuera un encantamiento. Esto deja quedar a Estambul (Turquía) como una ciudad encantada y llena de misterio.
 
Imagen de "Gritos en la noche" (The Awful Dr. Orlof, 1962), película inaugural del cine de terror en España, género en el que Jesús Franco, director también de "Las vampiras", se movía como pez en el agua.

lunes, 13 de mayo de 2013

MARTY, por Raúl


Marty é unha película do ano 1955, dirixida por Delbert Mann e escrita por Paddy Chayefsky (autor que se convertería nun dos guionistas máis importantes da historia). A película gañou os catro Oscar máis importantes e é considerada un clásico que non perde actualidade. Está protagonizada por Ernest Borgnine e Betsy Blair.

Trátase dunha película ambientada no Bronx neoiorquino, unha historia que oscila entre o drama e a comedia, cun home corrente, un carniceiro, como protagonista: Marty é un trintañeiro que se considera a si mesmo un homiño gordo e feo, e que por elo está a punto de renunciar a encontrar unha muller coa que compartir a súa vida... pero, inesperadamente, encontra a unha alma solitaria coma el, e a pesares das dificultades que lle impón o seu entorno, decide finalmente darse unha oportunidade de ser feliz xunto dela.

O filme é un remake dun capítulo co mesmo nome realizado dous anos antes para un programa dramático dos primeiros tempos da televisión americana, "The Philco Television Playhouse", capítulo que é considerado uns dos iniciadores da chamada "idade dourada da televisión". O estilo narrativo e visual da película está moi determinado pola herdanza dos métodos usados neste medio de comunicación, sendo o director un dos integrantes, xunto a figuras coma Arthur Penn, Martin Ritt ou Sidney Lumet, da "xeración da televisión".

A película é tamén herdeira do realismo do cine negro de estilo documental que se desenrolara nesa época, e comparte trazos co neorrealismo italiano (obras como "Os inútiles" de Fellini, ou "Ladrón de bicicletas", de De Sica): trazos importantes como o feito de poñer o foco nas vidas de persoas anónimas da clase obreira.

Os diálogos son un dos puntos fortes do filme pola súa inusual naturalidade para o corrente no cine clásico americano (con personaxes interrompéndose uns os outros e falando o mesmo tempo, con circunloquios que non teñen fin, ou mergullados nunha charla trivial que non é funcional para o desenrolo do argumento...). Outro elemento que a crítica soe destacar e a fotografía de Joseph LaShelle.

O director Delbert Mann tivo unha carreira discreta, con dúas películas máis en colaboración co mencionado Paddy Chayefsky: "A noite dos maridos" (The Bachelor Party, 1957) e "Na metade da noite" (Middle of the Night, 1959), que eran do mesmo modo remakes de senllos capítulos do referido programa de televisión (obras que ademais comparten con Marty o realismo, a profundidade e credibilidade coa que se examinan os personaxes –seres correntes que se enfrontan a un punto de inflexión nas súas vidas–, e a intensidade dramática dos momentos cumes do metraxe). Delbert Mann aínda realizaría outra gran obra, a coral "Mesas separadas", e unha comedia moi recordada, "Pixama para dous".

Polo seu interese debido a súa importancia na evolución do cine, e polo conmovedor dunha historia sinxela sobre seres coma nos mesmos, paréceme do máis adecuada para ser comentada no cineclube da Asociación.

Por outra banda, calquera persoa que sufrira ou sufra un trastorno mental pode sentise identificada con Marty. Do estudio de personaxes que é esta película despréndese que o protagonista é un ser moi marcado polas súas relacións familiares e o seu grupo de iguais, con pouca capacidade para cambiar e tomar decisións sobre a súa propia vida, con dificultades para relacionarse e encontrar parella, que exhibe unha inseguridade derivada dunha baixa autoestima, etc. Toda unha serie de características que son moi comúns entre as persoas que sofren unha enfermidade mental, persoas que en moitos casos, o igual que Marty, encontran unha traba que lles impide avanzar no que se suporía o normal desenrolo das súas vidas, unha traba que lles impide cumprir coas expectativas que a sociedade garda sobre eles.

Eu mesmo tamén me sinto moi identificado co protagonista e me vexo reflectido nas vivencias que describe a película. Eu tamén son, como Marty, "un homiño gordo e feo", en busca da súa bela, luminosamente namorada, Betsy Blair:
 

jueves, 9 de mayo de 2013

ENTREVISTA A DANI SOBRE MEDIOAMBIENTAL, por Chan

Entrevistado e entrevistador, nunha pausa durante a realización da entrevista.
“O traballo máis duro foi ao comezo”
— Dani, como chegaches ao voluntariado de Itínera, á actividade de medio-ambiente? 
— Desde un ingreso no hospital psiquiátrico de Conxo.

— Cantos anos levas no voluntariado?
— Oito, case nove anos. 

— Como cambiou neste espazo de tempo?
— O traballo máis duro foi ao comezo, no lavadoiro (que estaba cheo de lodo) e no cemiterio; eramos moi poucos, tres ou catro…! Carrexar todas as pedras, facer as escaleiras, descubrir as tumbas… O bo era que Carlos nos traía comida: refrescos, galletas… (risas). 

— Tamén chegou xente nova? 
— Si, por suposto, e agora máis ca nunca. Pero bótase en falta a que xa non puido voltar: María, Bernardino… 

— Que representa para ti medio-ambiente? 
— Pois é unha forma de activarme. Nun comezo servía para facer algo útil. Agora, calquera día quédome na cama (risas). 

— Que botas en falla? 
— Máis xente, ferramentas novas… Limpar tamén o que era a “Fonte da virxe”. 

— Que lle dirías a alguén que quere comezar o seu voluntariado connosco? 
— Que probe dun xeito aberto e sen medos!

domingo, 5 de mayo de 2013

CICLO DE DAVID CRONENBERG, por Xandra


Durante dos semanas consecutivas, para la tarde de cineclub de los jueves, Raúl nos ha propuesto un ciclo sobre el director de cine —autor, productor, guionista en todas o la mayoría de sus películas— canadiense David Cronenberg.

Hemos comentado dos películas suyas correspondientes a dos momentos distintos de su carrera, algún corto, “flashes” de escenas representativas de su modo de hacer y de exponer sus temas y obsesiones en sus diferentes películas a lo largo de su trayectoria cinematográfica, y hasta algún trozo de una entrevista realizada al director para un documental. La primera de ellas fue “La mosca”, de 1986, protagonizada por Jeff Goldblum, como ejemplo de su primera etapa y de su crecimiento como cineasta película a película. La segunda fue “Spider”, de 2002, con Ralph Fiennes, como ejemplo más reciente de su filmografía. Para mí, otras películas suyas que destacan también son “Una historia de violencia”, de 2005, o “Un método peligroso”, de 2011, sobre el enfrentamiento entre Sigmund Freud y Carl Jung, ambas protagonizadas por Viggo Mortensen.

También nos ha invitado, a quien quisiese, a llevarnos DVDs a casa con otras obras suyas, para completar nuestra visión sobre el autor. Por ejemplo, yo he visto en mi casa la película “Videodrome”, de 1983, con James Woods.

Quizás pueda intentaros da una idea de la impresión que me ha quedado de David Cronenberg y de su cine. Aunque escape a etiquetas, clasificaciones y adscripciones a un género, a una temática o a una forma de hacer cine concreta, creo que se puede decir de él que es un Autor con mayúsculas, para bien o para mal, es decir, con aciertos o carencias a la hora de formular sus planteamientos y que además se puedan considerar verdadero cine; es, parece, totalmente libre al exponer sus obsesiones y lograrlas mostrar tal y como él concibe que deben mostrarse, no renuncia a que sus imágenes (con gusto por lo truculento y lo desagradable) sean vehículo de sus ideas de cómo el cine debe de ser en relación con el espectador que lo ve (da una vuelta de tuerca al cine de realismo social o político, de denuncia, de intento de despertar conciencias sobre la sociedad y el ser humano como animal autodestructivo, al cine psicológico, con tono de thriller, a la ciencia ficción y al terror; los lleva al extremo, los retuerce, no sólo para epatar, aunque también, sino para remover conciencias y mover a la reflexión). Es, como ya he dicho, más bien obsesivo y retorcido: vida y muerte bien pegadas la una a la otra, sociedad decadente, vaciada y corrompida, profundamente deshumanizada; el individuo que intenta actuar sólo, en un proceso de progresiva autodestrucción en la que la “enfermedad mental”, la “locura” de buscar una transformación del hombre, la violencia, degradan monstruosamente a la persona como si fuera un “Dorian Gray”; un mundo violento y materialista en que materia y hombre se fusionan; con un extraño erotismo en el que la mujer es un poco objeto (aunque libre e independiente)…

Me ha gustado ver este ciclo, me ha parecido muy interesante y creo que también recomendable, probablemente si no, no me hubiera acercado a ver algunas de sus obras, y aunque no es un cine de mi agrado a priori, pienso que tiene elementos en él que no están mal y que todo el mundo podría ver alguna vez alguna de sus películas más representativas, si es mínimamente cinéfilo o le gusta alguno de los géneros que he mencionado, al menos para conocer qué es lo que este director nos ha querido contar.

Posee, además, un buen pulso narrativo que nos lleva sin problemas hasta el final de sus películas, aunque sólo sea por la curiosidad de ver adónde va a parar todo aquello, y un buen sentido del ritmo y del lenguaje en imágenes, transmite de una forma clara y expresiva apoyándose en buenos actores que dar bien el perfil de atormentados o vulnerables y con cierto misterio (con un pasado). Personalmente, le agradezco que no duren sus películas más allá de la hora y media, pues sería alargar demasiado la tensión, porque además le da tiempo sobrado de desgranar el contenido, hacerlo evolucionar y no sería necesario rematarlo más allá de esa hora y media, perdería interés.

A los osados les diría: ¡que lo disfrutéis!

Spider (Ralph Fiennes), el personaje que da título a la película, teje con cordeles telas de araña, que son a su vez un reflejo, una metáfora, de cómo funciona su mente.